1
1
1
1
1
1
1
1
1

Alimentos

Hai catro queixos (San Simón da Costa, de Tetilla, do Cebreiro e de Arzúa-Ulloa) da provincia que están recoñecidos con denominacións de orixe, tres licores tamén con denominación de orixe (o licor café, a augardente de Galicia e a augardente de herbas de Galicia), así como catro indicacións xeográficas protexidas (a tenreira galega, o lacón galego, a pataca de Galicia e mel de Galicia).

O viño chegou a Galicia cos romanos, mais foron os mosteiros como Armenteira, Oia, Melón, Oseira, Celanova ou Santo Estevo os responsables da súa expansión. Neles, os abades de orixe francesa aprendían técnicas, adecuaban variedades e impoñían o cultivo da vide, ata o punto que o dereito foral recolle pagos en unidades de viño. A denominación de orixe dos viños de Ribeira Sacra acontece en 1996. As vides crecen nas terrazas entre os ríos Miño, Sil, Bibei e Cabe.

Casa Solariega de Cervantes       Financiado por: IAGPEXUNTA DE GALICIA
San Román de Cervantes, s/n 27664 Lugo (ES)
Telf | Fax +(34) 982 364 915 / móvil 636 310 106
reservas@casasolariegadecervantes.com